162 cámaras de seguridade para actuar con rapidez
A Autoestrada do Atlántico dispón do maior centro privado de control de tráfico de Galicia, que procesa durante 24 horas as imaxes procedentes de 162 cámaras estratéxicamente instaladas no percorrido e accesos da AP-9 e de Autoestradas de Galicia. Do total das cámaras, 56 pertencen á DGT, 13 a Autoestradas de Galicia e 93 a Audasa. O servizo permite o control, vixilancia e seguridade da autoestrada, ademais do das AG-55 e AG-57, de Autoestradas de Galicia.
Audasa, empresa concesionaria da AP-9, destina anualmente 300.000 euros a un servizo audiovisual clave para o correcto funcionamento da autoestrada. A sala de control de Audasa está emprazada na Área de Seixurra, en A Coruña.
Dende o centro de control se acciona e coordina o protocolo que Autoestradas do Atlántico ten establecido para resolver tráfico, accidentes, avarías ou calquera outro contratempo. O tempo medio de chegada ao lugar preciso cando acontece un accidente é de 10 minutos.
Hoxe, por exemplo, un vehículo colisionou contra outro avariado na calzada da ponte de Rande. As brigadas de Audasa chegaron 12 minutos despois do sinistro, antes que as ambulancias e os bombeiros. Nesta mesma semana, o centro de control atendeu 202 incidiencias ao longo dos 219,6 quilómetros da vía galega.
Ademais da monotorización das imaxes ofrecidas en tempo real, o centro ten conexión permanente coa Garda Civil e o resto dos servizos vencellados á seguridade do tráfico (ambulancias, bombeiros, etc.) e con axencias metereolóxicas.
Audasa conta tamén cunha flota de máis de 50 vehículos perfectamente equipados para ofrecer unha primeira resposta a calquera incidencia.