Premio Acueduto de Segovia para Rande
A ampliación da ponte de Rande resultou gañadora da VII Edición dos Premios Acueducto de Segovia. Obra pública y medio ambiente, convocados pola Fundación Caminos e o Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de España. O galardón destaca a importancia tecnolóxica e funcional da execución da obra, así como a calidade ambiental e científica das medidas correctoras formuladas e a perfección alcanzada no acabado. O xurado resaltou o aproveitamento da resistencia da ponte antiga. A ampliación permite incrementar a capacidade da ponte nun 40%.
A solución formulada baseouse na adición dun novo carril por sentido da circulación a cada un dos lados exteriores da plataforma existente, ampliándoa de 2 a 3 carrís por sentido. A súa construción realizouse completamente dende o mar, mediante sistemas deseñados especificamente. As obras desenvolvéronse de xeito intensivo ao longo de 16 meses entre agosto de 2016 e decembro de 2017, cando se abriu ao tráfico, cunha inversión de 191,6 millóns de euros, asumidos íntegramente por Audasa, empresa concesionaria da autoestrada galega.
A obra resultou nun fito na enxeñaría mundial, posto que é a primeira vez que se realiza a ampliación dunha ponte atirantada de gran luz. E, neste caso, ademais, mantendo a ponte aberta ao traáfico durante toda a obra.