Audasa incrementa un 10% os descontos en 2018
Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) destinou en 2018 un total de 9,8 millóns de euros a descontos e bonificacións comerciais aos seus usuarios, un 10% máis que en 2017. Os clientes da AP-9 que utilizan dispositivos de telepeaxe e realizan o mesmo traxecto de ida e volta pola autoestrada entre semana gozan dun desconto do 25%. Ademáis da bonificación comercial, nos tramos de Vigo-Pontevedra, Pontevedra-Vilaboa, Vigo-Rande e A Coruña-A Barcala o desconto para pagos con telepeaxe é do 100% na viaxe de volta.
Os quilómetros de circunvalación da AP-9 nas cinco grandes cidades galegas tamén son de uso gratuito. Trátase de 6 tramos gratuítos de 37 kilómetros da autoestrada, que rexistran 132.000 viaxes diarias de balde para os usuarios. Os tramos de circunvalación libres de peaxe son Fene-Ferrol (9,1 km), Teis-Vigo (5 km), Teis-Puxeiros (11,7 km), Pontevedra norte-Pontevedra sur (3,16 km) Santiago norte-Santiago sur (7,7 km) e A Coruña-A Barcala (5,1 km).