O precio medio da peaxe da AP-9 sitúase en 0,11€ por quilómetro
En 2019, o prezo medio por quilómetro da AP-9 para vehículos lixeiros é de 0,1130 euros. O prezo medio da Autoestrada do Atlántico para 2019 xa inclúe a subida do IPC (como no resto das autoestradas) e tamén o incremento pola amortización das obras de ampliación de Rande e polas obras da circunvalación de Santiago de Compostela, cun 1% adicional.
A AP-9 é transitada, na súa maioría, por vehículos lixeiros, que son aqueles cunha carga máxima non superior a 3,5 toneladas, como a maioría dos coches de uso particular. Este tipo de vehículo supón o 92% do tráfico da AP-9.[:]