Autoestradas do Atlántico renova 5 accesos da circunvalación de Vigo en 10 noites
14.09.2019. Autoestradas do Atlántico mellora 5 accesos na circunvalación de Vigo, coa renovación do firme nos enlaces de Puxeiros e Teis. A concesionaria da Autoestrada do Atlántico realizará as obras pola noite, nas noites de menos impacto no tráfico, entre o domingo 15 de setembro e o mércores 2 de outubro. As obras, desvíos e modificacións da circulación están coordenadas pola Dirección General de Tráfico (DGT) e a Dirección General de Carreteras (DGC), xunto con Autoestradas do Atlántico.
As obras de renovación comezarán na noite de mañá domingo 15 no enlace de Puxeiros (entre as 00.00 horas e as 6.00h do luns), co corte do ramal de entrada á AP-9 sentido Teis para o tráfico procedente da A-55 dende O Porriño; a noite do luns 16, cortarase o ramal de entrada á AP-9 dirección VG-20 para o tráfico procedente da A-55 dende O Porriño; e a madrugada do martes 17 será o turno do ramal de saída da AP-9, para o tráfico procedente de Teis dirección A-55 Vigo.
A madrugada do domingo 22 ao luns 23 (de 00.00 horas a 6.00h do luns) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo; anoite do luns 23 ao martes 24 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo; a madrugada do martes 24 ao mércores 25 (de 22.00 horas do martes a 6.00h do mércores) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo. Do 22 ao 25 estará cortada a saída de Puxeiros cara Vigo. A noite do mércores 25 ao xoves 26 (de 22.00 horas do mércores a 6.00h do xoves), córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros. A oite do xoves 26 ao venres 27 (de 22.00 horas do xoves a 6.00h do venres) córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros; a noite do luns 30 ao martes 31 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros. Do 25 ao 27 e do 30 ao 31 estará cortado o ramal Vigo-Puxeiros.
En outubro, a noite do martes 1 ao mércores 2 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección a Vigo. O 1 e 2 de outubro córtase de novo a saída de Puxeiros a Vigo para execución de xuntas.
Todos os cortes do tráfico produciranse en horario nocturno, entre as 24.00 h e as 6.00 horas (en noites de domingo a luns) e dende as 22.00 horas en días laborables. As obras e cortes inclúen o establecemento e sinalización de rutas alternativas en coordenación coa DGT e a DGC, que informarán delas nos paneis móbiles dispostos no entorno de cada tramo. As rutas poden consultarse tamén na páxina web da DGT.
Autoestradas do Atlántico renovará estes meses o firme de 13 kilómetros de vía na provincia de Pontevedra. A continuación, está previsto que a campaña de renovación do firme continúe na zona norte da autoestrada (A Coruña-Ferrol) ata finais de outubro, onde se renovarán 10,8 kilómetros de asfalto.
O plan de conservación, mellora e seguridade da Autoestrada do Atlántico para este ano supón unha inversión por parte de Audasa de 8 millóns de euros.