A AP-9 consolídase entre as carreteiras máis seguras de España
27.01.2021. A Autoestrada do Atlántico (AP-9) que une Tui con Ferrol volve mellorar en 2020 os seus índices oficiais de seguridade, consolidándose entre as autoestradas máis seguras de España consecutivamente nos últimos 17 anos. Os 220 quilómetros da AP-9 reduciron en 2020 o índice oficial de perigosidade (o denominado IF1 polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) nun 9%; o índice de vítimas en accidentes (IF2) nun 18% e o de mortalidade (IF3) nun 58%. A AP-9 supera os índices medios de seguridade de todas as autoestradas españolas e volve a situarse en 2020 entre os traxectos máis seguros para os conductores.
Os últimos índices de perigosidade (IF1) sitúan ao vial xestionado por Autopistas del Atlántico SA con 4,42 accidentes con vítimas por cada 100 millóns de vehículos-quilómetro nun 4,5% por debaixo ao resto das 26 autoestradas de peaxe do Estado e as 10 autoestradas autonómicas de peaxe que operan en España; e nun 19% por debaixo no índice de mortalidade (IF3), con 0,13 vítimas por cada 100 millóns de vehículos-quilómetro. Os datos de accidentalidade da AP-9 son máis baixos que o resto das carreteiras sen peaxe (autovías e resto de rede de carreteiras do Estado).
Os bos índices de seguridade da principal autoestrada de Galicia melloran a media española dende o ano 2003, permanentemente en todos os exercicios. A seguridad da Autoestrada do Atlántico débese as súas constantes inversións en mantemento e mellora do vial. La concesionaria, Audasa, invirte unha media anual de 8,1 millóns de euros en obras para mellorar a seguridad e dispón dun sofisticado sistema de vixilancia, dotado dun centro de control con cámaras e monitorización que permite unha rápida resposta ante calquera incidencia na carreteira. Un equipo específico de 114 profesionais (dos 250 empregados de Audasa) traballan a diario en mellorar a seguridade e comodidad na circulación.
A AP-9 é periodicamente auditada por unha consultora independente que acredita o bo funcionamento da implantación dos sistemas de información xeográfica, xestión sistemática do mantemento, xestión sistemática de pontes e xestión sistemática de firmes. Audasa está certificada por AENOR nas ISO 14000 (medioambiente) e 9000 (calidade) e está en proceso de certificación da 45000 (seguridade e saúde no traballo).
O Ministerio de Transportes a través da Inspección de Explotación, fai un seguimento permanente das condicións de seguridade da AP-9.