A ampliación de Rande recibe en Nova York o premio á segunda mellor ponte do mundo
04.09.2019. A obra de ampliación da ponte de Rande (na ría de Vigo), a primeira no mundo realizada nunha ponte atirantada a gran luz, recibiu hoxe en Nova York o premio á segunda mellor ponte do mundo. A obra pertence á Autoestrada do Atlántico, que conecta Galicia entre a fronteira con Portugal e Ferrol, e pertence ao Estado español. A ampliación da ponte sobre a ría de Vigo superou á ponte de Mukogawa, na prefectura de Hyogo (Xapón), calificada co terceiro premio. O primeiro premio foi para a ponte de Mersey Gateway, en Liverpool (Reino Unido).
O premio á ampliación da ponte de Rande foi outorgada pola Asociación Internacional de Pontes e Enxeñaría Estrutural (IABSE, nas súas siglas en inglés), que valorou a complexidade de ampliar unha ponte de autoestrada sen cortar a súa circulación e mantendo unha media diaria de tráfico de 60.000 vehículos durante as obras (2016-17). O premio foi recollido por Javier Herrero Lizano, director xeral de Carreteras del Estado do Ministerio de Fomento; Juan Carlos López Verdejo, director de Operacións de Itínere; César Canal Fernández, director xeral da Autoestrada do Atlántico (Audasa), empresas concesionarias da autopista; Álvaro Serrano de MC2 Ingeniería, estudo de enxeñaría do proxecto de ampliación; así como representantes de Dragados e Puentes Calzados, compañías encargadas de desenvolver a obra de ampliación. O galardón foi entregado no congreso anual internacional que IABSE celebra esta semana en Nova York, como a Mellor Estrutura (Outstanding Structure Award u OSTRA polas súas siglas en inglés).
Trátase do terceiro gran premio internacional recibido pola Autoestrada do Atlántico nun ano e medio, tras ser galardoada co ITS 2019, tamén pola ampliación da ponte de Rande, pola coordinación técnica dos traballos sen interromper o tráfico; e co premio Acueduto de Segovia 2018 outorgado polo protocolo medioambiental para protexer a lámina de auga da ría de Vigo durante as obras. A ponte de Rande é a infraestrutura moderna máis premiada de Galicia.
A ponte de Rande comunica a maior cidade de Galicia, cruzando a ría de Vigo a través dunha ponte atirantada construida en 1981. Tras a ampliación, con dous carrís máis (tamén atirantados), o tráfico medrou sensiblemente, alcanzando en verán os 70.000 behículos/día. Este ano superará os 22 millóns de automóbiles, sendo o tramo máis transitado da AP-9 (Tui-Ferrol) A ponte de Rande é unha infraestrutura que forma parte da autoestrada AP-9, titularidade do Ministerio de Fomento e xestionada en réxime de concesión administrativa por Audasa. As obras de ampliación da ponte de Rande realizáronse completamente dende o mar, con sistemas deseñados específicamente para as características da ponte e mantendo o tráfico e actividade da infraestrutura. Os traballos desenvolvéronse durante 16 meses (agosto 2016-decembro 2017), cunha inversión de 191,6 millóns de euros, asumidos íntegramente por Autoestradas do Atlántico SA.