A Autoestrada do Atlántico convértese na 7ª máis transitada de España
Comparativa IMD das autoestradas de peaxe do Estado no 1S de 2019. Datos provisionais de Fomento.
31.07.19. A Autoestrada do Atlántico (AP-9), entre Tui e Ferrol, aumenta os seus niveis de tráfico nun 2,1% no primeiro semestre de 2019 e convértese na séptima autoestrada estatal de peaxe máis transitada de España, das 27 que compoñen a rede actualmente.
A vía galega pechou o primeiro semestre do ano cun total de 23.116 vehículos de intensidade media diaria (IMD), solo por debaixo de tres autoestradas catalanas, dúas madrileñas e unha andaluza e con maior media diaria de tráfico que outras 20 autoestradas de titularidade estatal. O tráfico da AP-9 medrou en 476 vehículos diarios no primeiro semestre, con respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Mes a mes, o crecemento foi dun 1,75% en xaneiro; un 2,82% en febreiro; un 1,98% en marzo; 3,29% en abril; 2,74% en maio e 0,19% en xuño.