Autopistas del Atlántico, contra a violencia de xénero
[:]
[:]
23.11.2021. Autopistas del Atlántico colabora no V Certame Escolar contra a Violencia de Xénero de Fotografía e Vídeo, organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra. O obxectivo do certame está enfocado a desenvolver a sensibilidade dos mozos, a través da creación artística, ante todas as formas de violencia contra as mulleres. Este proxecto está dirixido ao alumnado de todos os centros de ensino de Formación Profesional, ESO e Bacharelato da provincia de Pontevedra.
A entrega de premios terá lugar na Subdelegación do Goberno en Pontevedra (24 de novembro de 2021 ás 13.00 horas), con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado premiado poderá asistir ao acto acompañado dunha persoa (titor/a legal ou profesorado do centro).
Os premios de cada unha das categorías van dende ordenadores portátiles ata cupóns por valor de 100 euros. As obras foron presentadas de forma anónima para garantir a imparcialidade do proceso. O Xurado estivo composto por profesionais da fotografía e do vídeo, así como expertos en materia de violencia de xénero e a igualdade.
A temática deste ano estivo dedicada á violencia vicaria, aquela que se exerce sobre persoas que teñen un significado especial para as mulleres, como os seus fillos.
[:]