Autopistas del Atlántico fronte ao coronavirus
30.03.2020.
Diante da situación excepcional que vivimos coa propagación da pandemia do Coronavirus (Covid-19), en Autopistas del Atlántico puxemos en marcha un plan para facer todo o posible na loita contra a expansión do Covid-19.
- Dispositivo especial para frear a propagación. Boa parte dos nosos empregados traballan xa dende as súas casas e veñen de tomarse medidas especiais cos profesionais considerados nos grupos de risco. Reducimos e redistribuimos o número de integrantes de cada equipo, especialmente os que traballan na vía. Pechamos os espazos comúns das nosas instalacións como salas de reunión, comedores, vestiarios, etc.
- Fomentamos a utilización da telepeaxe e as tarxetas bancarias. Reducimos o contacto entre persoas, especialmente entre os usuarios e os técnicos das cabinas de peaxe, e evitamos a propagación do Covid-19. O persoal de cabina estará para asistir a aqueles usuarios que o precisen.
- Manter en perfecto estado a AP-9. Mantemos operativos todos os equipos necesarios para a seguridade dos viaxeiros que circulan pola autoestrada. O noso centro de control segue en funcionamento as 24 horas do día.
- Atención 24 horas no teléfono de atención a emerxencias: 900 816 238.
- Intentamos resolver as túas dúbidas:
- Pode ir máis dunha persona no coche? É recomendable non viaxar e, de ter que facelo, facelo só. Permítese unha persoa por cada fila de asentos. As únicas excepcións son o acompañamento de menores, as persoas con discapacidade ou maiores ou a existencia dunha causa xustificada. Incumprir esta norma de confinamento ditada polas autoridades poderá supor unha sanción.
- Teño que levar un certificado especial cando me desprazo ao traballo? Cómpre levar un certificado que nos debe proporcionar a empresa onde traballamos.
- Que sancións poden impoñerme por incumprir o illamento e desprazarme en coche? O estado de alarma contempla sancións económicas a partir dos 100 euros.
- Están activas as áreas de servizo? É posible repostar nelas? E mercar cousas? As gasolineiras están abertas as 24 horas con autoservizo e pódese repostar. Nas áreas de servizo é posíbel mercar produtos básicos, pero non se pode acceder ao interior, como medida preventiva. Ademais, procedeuse á instalación de baños químicos no exterior.
- Podo pagar na peaxe con moedas? Si, pero recoméndase a utilización do sistema de telepeaxe ou pagar con tarxeta para evitar posíbeis contaxios.
- Podo determe nas zonas de descanso? Sí, pero non é recomendábel. As viaxes han de realizarse estritamente por causas de índole necesaria.