Autopistas del Atlántico fronte ao coronavirus

30.03.2020.

Diante da situación excepcional que vivimos coa propagación da pandemia do Coronavirus (Covid-19), en Autopistas del Atlántico puxemos en marcha un plan para facer todo o posible na loita contra a expansión do Covid-19.

  1. Dispositivo especial para frear a propagación. Boa parte dos nosos empregados traballan xa dende as súas casas e veñen de tomarse medidas especiais cos profesionais considerados nos grupos de risco. Reducimos e redistribuimos o número de integrantes de cada equipo, especialmente os que traballan na vía. Pechamos os espazos comúns das nosas instalacións como salas de reunión, comedores, vestiarios, etc.
  2. Fomentamos a utilización da telepeaxe e as tarxetas bancarias. Reducimos o contacto entre persoas, especialmente entre os usuarios e os técnicos das cabinas de peaxe, e evitamos a propagación do Covid-19. O persoal de cabina estará para asistir a aqueles usuarios que o precisen.
  3. Manter en perfecto estado a AP-9. Mantemos operativos todos os equipos necesarios para a seguridade dos viaxeiros que circulan pola autoestrada. O noso centro de control segue en funcionamento as 24 horas do día.
  4. Atención 24 horas no teléfono de atención a emerxencias: 900 816 238.
  5. Intentamos resolver as túas dúbidas:
    1. Pode ir máis dunha persona no coche? É recomendable non viaxar e, de ter que facelo, facelo só. Permítese unha persoa por cada fila de asentos. As únicas excepcións son o acompañamento de menores, as persoas con discapacidade ou maiores ou a existencia dunha causa xustificada. Incumprir esta norma de confinamento ditada polas autoridades poderá supor unha sanción.
    2. Teño que levar un certificado especial cando me desprazo ao traballo? Cómpre levar un certificado que nos debe proporcionar a empresa onde traballamos.
    3. Que sancións poden impoñerme por incumprir o illamento e desprazarme en coche? O estado de alarma contempla sancións económicas a partir dos 100 euros.
    4. Están activas as áreas de servizo? É posible repostar nelas? E mercar cousas? As gasolineiras están abertas as 24 horas con autoservizo e pódese repostar. Nas áreas de servizo é posíbel mercar produtos básicos, pero non se pode acceder ao interior, como medida preventiva. Ademais, procedeuse á instalación de baños químicos no exterior.
    5. Podo pagar na peaxe con moedas? Si, pero recoméndase a utilización do sistema de telepeaxe ou pagar con tarxeta para evitar posíbeis contaxios.
    6. Podo determe nas zonas de descanso? Sí, pero non é recomendábel. As viaxes han de realizarse estritamente por causas de índole necesaria.

 

Medidas para evitar contaxios de coronavirus na Ap-9

13.03.2020.

Autopistas del Atlántico (Audasa) establece dende hoxe as vías automática e dinámica como formas de pagamento preferente nas peaxes da Autoestrada do Atlántico Ap-9 –un sistema que permite, ademais da telepeaxe, o abono con tarxeta bancaria, o abono con tarxeta mediante a tecnoloxía contactless ou en efectivo a través das máquinas habilitadas, que inclúen a posibilidade da devolución do importe–, e mantén a presenza de persoal de apoio para asistir aos condutores en caso de necesitalo. A medida foi adoptada como método preventivo fronte á expansión do coronavirus para a protección dos profesionais da autoestrada e de todos os usuarios.

A resolución foi aprobada conxuntamente co comité de empresa da concesionaria galega tras informar á inspección do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana en Galicia.

Audasa mantén activos a todos os efectivos de conservación, seguridade e de atención aos usuarios. Tamén permanecen sen cambios os equipos que aseguran a vialidade invernal da infraestrutura viaria e os traballadores do centro de control. A concesionaria galega contempla que parte do persoal da súa sede central poida teletraballar.

Seguindo en todo momento as directrices do Goberno de España, Autopistas del Atlántico continuará traballando para garantir o correcto funcionamento da Ap-9 e manter a calidade dos seus servizos aos usuarios.

 

O xuíz rexeita as pretensións do Fiscal polas obras de Rande

 

25.02.2020.

O Xulgado do Mercantil nº 1 de Pontevedra desestimou as pretensións do Ministerio Fiscal contra Autopistas del Atlántico (Audasa), concesionaria da AP-9, por mor das obras de ampliación da ponte de Rande. A Fiscalía consideraba que estas supuxeron “graves incidencias no tráfico”, pero a sentenza establece que a súa execución no xerou demoras superiores a “1 ou 2 minutos na case totalidade do tempo no que se prolongaron” e non implican “unha falta de cumprimento das obrigacións da concesionaria”. O xuíz sinalou que o tempo de incidencias é inferior ao 0,3% do suxerido pola Fiscalía, que se extendou a todo o periodo dos traballos (do 27 de febreiro de 2015 a xuño de 2018) e centraas exclusivamente nun tramo de menos de 3 quilómetros de lonxitude.

A ampliación de 4 a 6 carrís da ponte de Rande non obedeceu a “ningún capricho banal de Audasa nin do enton Ministerio de Fomento (agora Ministerio de Transportes)”, senón que viu motivada pola “necesidade de adaptar o tramo da AP-9 ás circunstancias actuais do tráfico rodado que circula por esa ruta”, según explica o texto de sentenza.

A sentenza, que ademais recoñece a intervención do Ministerio de Transportes en favor da concesionaria no proceso, establece que “as pequenas perturbacións que poidan resultar desa circunstancia” non poden ser consideradas “automaticamente como incidencias que afecten dun xeito relevante á circulación por una autoestrada”, indica.

O fallo lembra que o índice de siniestralidade no tramo afectado reduciuse nun 30% en relación co ocurrido nos anos inmediatamente anteriores e as condicións de seguridade “no se viron reducidas, senón ao revés”, detalla. “En resumen, non podemos estimar que a conducta de Audasa, consistente en cobrar íntegramente a peaxe aos usuarios do tramo da ponte de Rande, durante o periodo no que se realizaron obras nesa zona constituíse, en xeral, unha práctica abusiva”. “O habitual na AP-9 durante los anos que duraron as obras, según resulta das probas practicadas, era que as repercusións sobre o tráfico rodado fosen mínimas, de tal modo que solamente solían implicar demoras de nunca máis de dous minutos, respecto ao tempo que normalmente se emprega para desprazarse entre os diversos tramos de carreteira que enlazaban co da ponte de Rande”.

O xulgado tampouco estima procedente as condenas solicitadas polo Ministerio Fiscal relativas a unha indemnización por danos y prexuizos, salvo casos particulares dalgúns usuarios concretos “que poidan acreditar telos sufrido”, según indica a sentenza xa que non se demostrou no proceso que ningunha das incidencias causara demoras superiores a 17 minutos. A meirande parte delas xerou retrasos bastante inferiores. Audasa decidirá nos próximos días se interpón recurso de apelación ante a sentenza do Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra.

 

 

O tráfico da AP-9 medra en 2019 ata os 24.405 vehículos

 

07.02.2020.

O tráfico global da Autoestrada do Atlántico (AP-9) aumenta un 1,54% en 2019, ata os 24.405 vehículos, segundo os datos publicados polo Ministerio de Fomento. A Intensidade Media Diaria (IMD) da autoestrada supera os 24.036 vehículos que transitaron pola autoestrada en 2018, un crecemento que se sitúa no 1,8% no caso dos tramos con peaxe e nun 0,24% nos libres de peaxe. O 92% dos tránsitos realízase en vehículos lixeiros.

A evolución do tráfico da Autoestrada do Atlántico mantense 3,06 puntos por debaixo do sector, a pesar de situarse por riba do doutras vías como Montmeló-La Junquera, León-Campomanes ou Segovia-San Rafael. A IMD estatal media en 2019 é de 20.554 vehículos, polo que a AP-9 sitúase un 8,7% por riba da mesma

O tramo da AP-9 que máis medra en 2019 é o que une Baiona e Tui, cun 21,41%, seguido de O Porriño-Tui (+16,24%) e Rebullón-O Porriño (+4,20%). A ponte de Rande, cunha circulación de 59.898 vehículos diarios sitúase entre os máis destacados da autoestrada galega cun aumento do 3,33% respecto ao ano anterior.

As viaxes entre as localidades con maior poboación tamén aumentan, cun crecemento do 2,86% entre Santiago e Pontevedra; un 2,08% entre Pontevedra e Vigo; e un 0,11% entre A Coruña e Ferrol. A conexión entre A Coruña e Santiago rexistra un descenso do 0,13%. 

A metade das viaxes, gratis para os usuarios

A autoestrada galega, baixo a titularidade do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, supera en 2019 as 99.433.988 viaxes, das que o 48% son gratuítas. Os percorridos pola Autoestrada do Atlántico na contorna da Coruña, Pontevedra, Santiago ou Vigo son gratuítos, así como os tramos O Morrazo-Vigo e A Barcala-A Coruña. Esta cifra acada o 51% tendo en conta o tramo con desconto Pontevedra-Vigo, cuxo regreso é gratuíto para vehículos lixeiros se a viaxe de ida e volta se leva a cabo no mesmo día (agás domingos e festivos) e se abona co sistema VIA-T.

O 59,1% dos tránsitos pola AP-9 abónanse con sistemas de telepeaxe; o 20,5%, con tarxetas bancarias; e o 20,4%, en efectivo. Autopistas del Atlántico (Audasa), concesionaria da autoestrada entre Ferrol e a fronteira portuguesa, financia o 25% no retorno aplicable a vehículos lixeiros que realicen a viaxe de ida e volta no mesmo día (a excepción dos domingos e festivos) e idéntico tramo. Pola súa parte, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cunha aportación de 7,2 millóns de euros en 2019, financia a gratuidade da peaxe para A Barcala-A Coruña e O Morrazo-Vigo.

O Foro Económico de Galicia avoga por peaxes en autovías e autoestradas

 

27.01.2020.

O Foro Económico de Galicia presentou hoxe en Vigo o estudo Infraestruturas viarias: investimento e tarificación, que propón un sistema de peaxe universal para todas as autoestradas e autovías españolas, similar ao que funciona na meirande parte dos países da OCDE. O estudo preséntase tras case un abo de traballo, a partir do debate iniciado no cume de 2019 do Foro Económico de Galicia, no que o director xeral de Autopistas del Atlántico expuxo a situación da rede de peaxes en sol (abonados polos clientes que utilizan as autoestradas e autovías) e peajes en sombra (abonados por todos os contribuíntes, utilicen ou non as autoestradas e autovías).

O Foro Económico de Galicia pon de manifesto os problemas de financiamento das infraestruturas de transporte en España diante dunha situación económica de déficit público e unha “sobredotación” de vías de alta capacidade: é o país da Unión Europea con menor proporción de rede tarificada, un 18%, fronte ao 79% de Francia ou o 86% de Italia. A autora do informe, a profesora da Universidade de Vigo Mar González Savignat, subliñou a necesidade dun sistema de autofinanciamento da rede de autoestradas e autovías e de priorizar o mantemento das existentes.

“España é o país da UE coa rede máis extensa de vías de alta capacidade, a menos tarificada e a que menos ingresos por kilómetro recibe: un 76% por debaixo da media da UE. Seguir dependendo de fondos públicos condúcenos a unha descapitalización do investimento que vimos de realizar nos últimos años”, sinalou.

Savignat afirmou que a actual coexistencia de vías gratuítas e de pagamento “non ten ningún sentido e aumenta as discrepancias a nivel rexional e as tensións na sociedade”, polo que propón un sistema de peaxe variable. “Non hai que eliminar a peaxe, senón estudar unha tarificación máis suave e deixar atrás o actual sistema homoxéneo, que provoca unha diferenza do 600% nos prezos de peaxe entre rexións”.

No tocante ao estado das autoestradas e autovías, afirmou que as vías de alta capacidade en España están “deficientemente” mantidas, cun valor de mantemento que acadou a súa cifra máis baixa en 2011 e que “non se recuperou”. “O Banco Mundial introduce unha media de 3.700 millóns de euros anuais para o mantemento de vías, pero en España estamos a ter un déficit acumulado de mantemento nos últimos anos de 7.000 millóns de euros”, indicou a docente.

O director xeral de Autopistas del Atlántico (Audasa), César Canal, participou en maio do pasado anona X reunión anual do Foro Económico de Galicia cun relatorio sobre o pagamento por uso e a seguridade da Autoestrada do Atlántico.

Dispositivo especial nos accesos a Vigo polo acendido de luces

 

22.11.2019.

Mañá sábado, 23 de novembro, a Policía Local de Vigo en coordinación coa Garda Civil, a Dirección General de Tráfico (DGT), o Ministerio de Fomento e Autopistas del Atlántico poñerán en marcha un dispositivo especial de tráfico con motivo do acendido das luces de Nadal en Vigo, co peche da saída ao centro da cidade a través da rúa Alfonso XIII para permitir a peonalización da zona. O dispositivo prolongarase dende as 17.00 horas ata las 01.00 horas do domingo 24.

A partires das 17 horas de mañá, a Garda Civil, de forma coordinada coa Policía Local, cortará a saída 5V da AP-9 (rúa Alfonso XIII). O tráfico desviarase pola saída 4V (Isaac Peral – Avenida Beiramar).

Autopistas del Atlántico colabora neste dispositivo facilitando os medios necesarios para realizar o desvío de tráfico en condicións de seguridade.

Recoméndase aos usuarios que desexen acceder ao centro de Vigo que o fagan a través da autovía VG-20 (saída 161 da AP-9). O resto das entradas e saídas da cidade, a excepción da saída 5V (rúa Alfonso XIII), permanecerán abertas durante todo o dispositivo.

Os usuarios contarán con toda a información sobre o dispositivo a través dos paneis informativos da DGT e da páxina web http://infocar.dgt.es/etraffic/.

Rande, 17 meses nun minuto

25.09.2019. O 30 de decembro de 2017 inaugurouse a ampliación da ponte de Rande, tras 17 meses de obras (entre agosto de 2016 e decembro de 2017), que se realizaron polo exterior dos piares sen afectar á estructura orixinal da ponte. A ponte que cruza a ría de Vigo mantívose aberta á circulación durante todo o periodo de obras, incluso soportando un tráfico un 4% superior ao de anos anteriores.

A ampliación da ponte de Rande foi recoñecida coma a segunda Mellor Estructura (Outstanding Structure Award u OSTRA polas súas siglas en inglés) do mundo en 2019, no premio outorgado pola Asociación Internacional de Pontes e Enxeñaría Estrutural (IABSE). A ampliación tamén recibiu en abril de 2019 o Premio ITS 2019 e o Premio Acueduto de Segovia, pola súa coordinación do tráfico e respecto ao medio ambiente durante as obras, respectivamente. A ponte de Rande, construida por Autoestradas do Atlántico SA cunha inversión de 192 millóns de euros na súa ampliación, converteuse na infraestrutura moderna máis premiada en Galicia.

Clica no vídeo para ver 17 meses da súa obra de ampliación nun minuto.

 

Rande, recoñecida en México como Proxecto Excepcional do Ano

Título: Rande_181114_05 | Autor: Alberto Vázquez Fernández

 

08.09.2019. A ponte de Rande suma un galardón máis á súa lista de recoñecementos nacionais e internacionais e recibe o premio FIDIC 2019 (Federación Internacional de Enxeñeiros Consultores, polas súas siglas en inglés) como Proxecto Excepcional do Ano, pola súa obra de ampliación. O premio foi entregado hoxe en Cidade de México durante a cea de gala do Congreso Internacional de Infraestruturas 2019.

A candidatura da ponte de Rande competiu con outros 55 proxectos de todo o mundo e resultou seleccionada xunto a 21 proxectos para recibir o Premio ao Mérito e optar ao Premio Proxecto Excepcional do Ano, que finalmente se resolveu en favor da ampliación da ponte que cruza a ría de Vigo e da liña de ferrocarril de alta velocidade entre Xi’an e Chengdu (China).

Os premios FIDIC recoñecen a excelencia e as mellores prácticas no sector da construcción e infraestruturas. A Federación Internacional de Enxeñeiros Consultores (FIDIC) é o organismo internacional que reúne as asociacións nacionais de enxeñeiros consultores de máis de 100 países en todo o mundo e representa a máis de 400 empresas de enxeñaría e máis dun millón de enxeñeiros. Tecniberia (Asociación Española de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Técnolóxicos) é a asociación española que forma parte de FIDIC a nivel internacional.

Autoestradas do Atlántico optimiza a seguridade das labores de mantemento en Rande

22.09.2019. Autoestradas do Atlántico optimiza a seguridade da ponte de Rande á hora de levar a cabo labores de mantemento, dotando á estructura dunhas novas varandas que facilitarán o traballo dos operarios. As varandas colocaranse na parte superior dos cabeceiros metálicos, ubicados nas pías norte e sur da ponte.

Os traballos levaranse a cabo cunha grúa de gran tonelaxe a partir da madrugada deste luns 23 de setembro, co obxetivo de minimizar a afección ao tráfico. Durante esta xornada inicial e na madrugada do martes 24 ao mércores 25, desmontaranse as actuais varandas de obra para, posteriormente, izar as varandas definitivas.

 

Durante a madrugada do mércores 25 ao xoves 26 e na do xoves 26 ao venres 27 soldaranse as varandas definitivas, dando por rematada a obra coas pertinentes labores de limpeza.

Todas as labores de instalación das novas varandas realizaranse en horario nocturno, de 22.00 a 06.00 horas. O Ministerio de Fomento autorizou os desvíos do tráfico dende os carrís do tronco da ponte, que permanecerán cortados durante os traballos, ata as dúas calzadas laterais. A Dirección General de Tráfico (DGT) informará aos usuarios a través dos paneis móbiles e da súa páxina web.

 

DESVÍOS DE TRÁFICO PREVISTOS nas noites do 23 ao 27 de setembro de 2019:

· Madrugada do luns 23 ao martes 24 de setembro : Cortaranse os dous carrís do tronco da ponte de Rande dirección Vigo. Previuse un desvío sinalizado á calzada lateral.

· Madrugada do martes 24 ao mércores 25 de setembro : Cortaranse os dous carrís do tronco da ponte de Rande dirección Pontevedra. Previuse un desvío sinalizado á calzada lateral.

· Madrugada do mércores 25 ao xoves 26 de setembro: Cortaranse os dous carrís do tronco da ponte de Rande dirección Vigo. Previuse un desvío sinalizado á calzada lateral.

· Madrugada do xoves 26 ao venres 27 de setembro: Cortaranse os dous carrís do tronco da ponte de Rande dirección Pontevedra. Previuse un desvío sinalizado á calzada lateral.

A ponte de Rande acada en agosto o seu máximo histórico de tráfico con 2,2 millóns de vehículos

Título: Iluminando la Ría de Vigo | Autor: José Manuel Folgueira Vázquez

 

22.09.2019. A ponte de Rande marcou en agosto de 2019 un novo récord histórico de tráfico, con con 22,3 millóns de vehículos e unha intensidade media diaria (IMD) de 71.914 vehículos. A cifra é un 1,2% superior a agosto de 2018 e un 4,7% máis de tráfico que en agosto de 2017, xusto antes de concluir as obras de ampliación en dous carrís máis.

O anterior máximo mensual da Autoestrada do Atlántico tamén se rexistrou no mes de agosto e no tramo da ponte de Rande: corresponde a 2007, con 71.588 vehículos. O ano con menor tráfico en agosto na ponte de Rande rexistrouse en 2012, con 60.889 vehículos/día.

Durante 2018 e 2019, anos de pleno funcionamento da ponte, Rande foi incrementando o seu tráfico con respecto a anos anteriores. En 2018 a IMD anual do tramo sitouse na súa cifra máis alta en 8 anos, con 57.965 vehículos/día. A ampliación da ponte de Rande é unha das mellores obras de enxeñería e tráfico españolas, reconocida cos principais premios internacionais. Este mes recibiu o seu último galardón e Nova York, ao ser distinguida como a segunda mellor ponte do mundo polas organizacións especializadas IABSE e OSTRA.