Que vehículos están exentos de pagar peaxe na Autoestrada do Atlántico?

18.09.2019. Cada mes rexístranse 8 millóns de viaxes de vehículos exentos de peaxe na Autopista do Atlántico (AP-9), segundo os datos de xaneiro-agosto de 2019. O tipo de vehículos exento de peaxe son os correspondentes ás forzas armadas,  corpos e forzas de seguridade (corpo nacional de policía e garda civil) e  servizos contra incendios (bombeiros). As devanditas exencións practícanse sempre e cando o vehículo obxecto de peaxe poida ser identificado como vehículo oficial, ben de forma visual, ben coa presentación da súa documentación no caso de vehículos non rotulados. Se non se aporta a documentación do vehículo ou este non é un vehículo oficial, solicítase o pago da peaxe. Se o conductor se nega a realizar o pagamento, deberá cumprimentar e asinar un documento existente en peaxe de recoñecemento de paso.

O segundo grupo de exención corresponde ás policías locais e ás forzas de seguridade das comunidades autónomas: a exención de peaxe cínguese aos traxectos realizados no ámbito territorial da súa competencia e, fóra del, só cando exerzan funcións de protección de autoridades públicas ou de emerxencia, sempre que os seus servizos foran requeridos previamente polas autoridades correspondentes.

No terceiro grupo de exención están as ambulancias, os vehículos ao servizo das autoridades xudiciais, de emerxencia ou protección civil, os vehículos da propia explotación e inspección de estradas, así como os vehículos da explotación e conservación de equipamento para a xestión, control e vixilancia do tráfico. Este grupo de colectivos  están exentos do pagamento de peaxe sempre e cando estean a cumprir as súas respectivas «funcións específicas», que deberán xustificar documentalmente.

Con todo, en casos de emerxencia nos que o vehículo obxecto da peaxe leve activadas as sereas e luces de emerxencia, facilítase o paso.

No caso das ambulancias, as discrepancias existentes entre un e outro sector empresarial sobre a aplicación da exención de peaxe xorde, entre outros motivos, como consecuencia da redacción do artigo 23 da nova Lei de Estradas de 2015, que non define o que se entende pola expresión «funcións específicas». Á espera de que se resolva xudicialmente a anterior controversia e, co obxectivo de optimizar os servizos das compañías de ambulancias nos seus percorridos polas autoestradas de peaxe, en marzo deste ano, as principais sociedades concesionarias e as asociacións de empresas de ambulancias máis representativas subscribiron un convenio no que se acordou unha exención do 80% do importe da peaxe aplicable ás ambulancias, con renuncia recíproca á reclamación de calquera compensación pola forma e condicións en que se aplicou tal desconto ata a resolución da controversia.

 

Clica aquí para obter máis información sobre o acordo de interpretación dos contratos de concesión de autoestradas de peaxe aprobado polo Consello de Ministros.

 

Autoestradas do Atlántico renova 5 accesos da circunvalación de Vigo en 10 noites

14.09.2019. Autoestradas do Atlántico mellora 5 accesos na circunvalación de Vigo, coa renovación do firme nos enlaces de Puxeiros e Teis. A concesionaria da Autoestrada do Atlántico realizará as obras pola noite, nas noites de menos impacto no tráfico, entre o domingo 15 de setembro e o mércores 2 de outubro. As obras, desvíos e modificacións da circulación están coordenadas pola Dirección General de Tráfico (DGT) e a Dirección General de Carreteras (DGC), xunto con Autoestradas do Atlántico.

As obras de renovación comezarán na noite de mañá domingo 15 no enlace de Puxeiros (entre as 00.00 horas e as 6.00h do luns), co corte do ramal de entrada á AP-9 sentido Teis para o tráfico procedente da A-55 dende O Porriño; a noite do luns 16, cortarase o ramal de entrada á AP-9 dirección VG-20 para o tráfico procedente da A-55 dende O Porriño; e a madrugada do martes 17 será o turno do ramal de saída da AP-9, para o tráfico procedente de Teis dirección A-55 Vigo.

A madrugada do domingo 22 ao luns 23 (de 00.00 horas a 6.00h do luns) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo; anoite do luns 23 ao martes 24 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo; a madrugada do martes 24 ao mércores 25 (de 22.00 horas do martes a 6.00h do mércores) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección Vigo. Do 22 ao 25 estará cortada a saída de Puxeiros cara Vigo. A noite do mércores 25 ao xoves 26 (de 22.00 horas do mércores a 6.00h do xoves), córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros. A oite do xoves 26 ao venres 27 (de 22.00 horas do xoves a 6.00h do venres) córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros; a noite do luns 30 ao martes 31 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de entrada da AP-9 para o tráfico procedente de Vigo con dirección Puxeiros. Do 25 ao 27 e do 30 ao 31 estará cortado o ramal Vigo-Puxeiros.

En outubro, a noite do martes 1 ao mércores 2 (de 22.00 horas do luns a 6.00h do martes) córtase o ramal de saída da AP-9 para o tráfico procedente de Puxeiros con dirección a Vigo. O 1 e 2 de outubro córtase de novo a saída de Puxeiros a Vigo para execución de xuntas.

Todos os cortes do tráfico produciranse en horario nocturno, entre as 24.00 h e as 6.00 horas (en noites de domingo a luns) e dende as 22.00 horas en días laborables. As obras e cortes inclúen o establecemento e sinalización de rutas alternativas en coordenación coa DGT e a DGC, que informarán delas nos paneis móbiles dispostos no entorno de cada tramo. As rutas poden consultarse tamén na páxina web da DGT.

Autoestradas do Atlántico renovará estes meses o firme de 13 kilómetros de vía na provincia de Pontevedra. A continuación, está previsto que a campaña de renovación do firme continúe na zona norte da autoestrada (A Coruña-Ferrol) ata finais de outubro, onde se renovarán 10,8 kilómetros de asfalto.

O plan de conservación, mellora e seguridade da Autoestrada do Atlántico para este ano supón unha inversión por parte de Audasa de 8 millóns de euros.

 

Grobas e Purre reciben en Vigo os premios de fotografía Autoestrada do Atlántico 2019

13.09.2019. Ricardo Grobas, como mellor fototografía profesional, e Álvaro Rodríguez Purre, como mellor fotografía de aficionado, recibiron hoxe en Vigo os premios Autoestrada do Atlántico 2019. As imaxes de ambos fotógrafos e outros 23 seleccionados exhíbense ata fin de mes no centro cultural La Nacional de Nova York, aínda que unha reprodución das dúas imaxes gañadoras forman parte da exposición ao aire libre da rúa do Príncipe de Vigo, inaugurada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

Grobas e Purre recolleron as súas distincións e premios en metálico polo importe de 4.000 euros, outorgados por Autoestradas do Atlántico e entregados hoxe pola conselleira de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. O acto de entrega dos premios realizouse durande a presentación da exposición Rande, unha ponte entre dous séculos, organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, que se exhibe na rúa do Príncipe ata o 18 de setembro (ante o Museo de Arte Contemporánea de Vigo).

Rande, unha ponte entre dous séculos resume en imaxes na rúa a historia da ponte que cruza a ría de Vigo dende a súa concepción ata a actualidade. A mostra inclúe bocetos, planos, imaxes históricas e as fotografías gañadoras do premio Autoestrada do Atlántico.
Tras a súa ampliación, a ponte de Rande é o tramo máis transitado de toda a AP-9, con máis de 22 millóns de vehículos de tráfico nos últimos 12 meses.

Abre o novo colexio de Redondela, construido pola Autoestrada do Atlántico

11.09.2019. O cento de alumnas e alumnos do CEIP Cidadelle de Chapela (Redondela) inauguran hoxe o seu novo colexio, financiado íntegramente por Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa). A obra ven de ser entregada polo concesionaria da autoestrada galega ao Concello de Redondela, que a súa vez cede o seu uso á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A construción da escola, que conta cun terreo de máis de 10.600 metros cadrados cara a ría de Vigo, forma parte do presuposto da ampliación de Autopistas del Atlántico da ponte de Rande, debido á cercanía do antigo colexio coas implementacións de novos carrís de acceso na zona de Chapela (redondela), na ría de Vigo.

O director xeral de Audasa, César Canal Fernández (der) fai entrega da obra á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César A. Pére

A escola ten unha superficie de 2.460 metros cadrados e conta cunha pista deportiva de 1.056 metros cadrados así como espazos exteriores urbanizados, entre os que se inclúen un parque infantil e unha zona de xogos para as nenas e nenos.

O orzamento global do proxecto, concibido polo arquitecto Alfredo Díaz Grande, ascende a 4,6 millóns de euros, dos que 3,6 millóns foron destinados á construción do edificio e 1 millón á compra dos terreos.

O presuposto total investido por Autopistas del Atlántico no proxecto de ampliación da ponte de Rande foi de 191,6 millóns de euros.