A peaxe da AP-9 conxélase en 2021 no 54% dos tramos
31.12.2020. Autopistas del Atlántico conxela en 2021 a peaxe para vehículos lixeiros en 26 tramos dos 48 que forman a AP-9. A vía galega ten un custo de 0,11 euros por quilómetro. O 67% dos tránsitos que anualmente se realizan pola autoestrada non verán incrementadas as tarifas en 2021.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado, que inclúen no caso da AP-9 un incremento do 0,92% a aplicar dende as 00.00 horas do 1 de xaneiro do vindeiro ano. A concesionaria galega non imputa esta suba cando representa menos de 5 céntimos por tramo.
O 55,4% das viaxes na AP-9 en 2020 realizáronse por tramos gratuítos ou contaron con descontos ou bonificacións si se dispón de telepeaxe e se realizan en traxecto de ida e volta no mesmo día laborábel (sábados incluídos).
As peaxes aprobadas polo Goberno para 2021 inclúen a suba extra (1%) derivada das obras de ampliación da circunvalación de Santiago de Compostela e da Ponte de Rande, que foron financiadas de maneira íntegra por Audasa. O orzamento de ambos proxectos supera os 356 millóns de euros (incluídos IVE e custos financieros).
Un 29% menos de tráfico en 2020
A intensidade media diaria (IMD), con 15.312 vehículos, reduciuse entre xaneiro e novembre de 2020 un 29,43% con respecto ao mesmo período de 2019.