Dispositivo especial nos accesos a Vigo polo acendido de luces

 

22.11.2019.

Mañá sábado, 23 de novembro, a Policía Local de Vigo en coordinación coa Garda Civil, a Dirección General de Tráfico (DGT), o Ministerio de Fomento e Autopistas del Atlántico poñerán en marcha un dispositivo especial de tráfico con motivo do acendido das luces de Nadal en Vigo, co peche da saída ao centro da cidade a través da rúa Alfonso XIII para permitir a peonalización da zona. O dispositivo prolongarase dende as 17.00 horas ata las 01.00 horas do domingo 24.

A partires das 17 horas de mañá, a Garda Civil, de forma coordinada coa Policía Local, cortará a saída 5V da AP-9 (rúa Alfonso XIII). O tráfico desviarase pola saída 4V (Isaac Peral – Avenida Beiramar).

Autopistas del Atlántico colabora neste dispositivo facilitando os medios necesarios para realizar o desvío de tráfico en condicións de seguridade.

Recoméndase aos usuarios que desexen acceder ao centro de Vigo que o fagan a través da autovía VG-20 (saída 161 da AP-9). O resto das entradas e saídas da cidade, a excepción da saída 5V (rúa Alfonso XIII), permanecerán abertas durante todo o dispositivo.

Os usuarios contarán con toda a información sobre o dispositivo a través dos paneis informativos da DGT e da páxina web http://infocar.dgt.es/etraffic/.