Entre as tres autoestradas máis seguras de España
A AP-9 é a terceira autoestrada máis segura de España entre as da súa categoría de tráfico (20.000 a 30.000 vehículos diarios de media) en índice de accidentes mortais. Cun índice de 0,11, a vía galega atópase un 42% por debaixo da media estatal, segundo os últimos datos oficiais do Ministerio de Fomento de 2017. Entre as autoestradas polas que viaxan entre 20.000 e 30.000 vehículos ao día, é a terceira máis segura, só por detrás dos tramos Madrid-Ocaña e Villalba-Adanero.
Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) investiu entre o 2015 e o 2018 máis de 22,2 millóns de euros en seguridade, mellora dos firmes, instalacións e áreas de peaxe. A empresa concesionaria destinou en 2018 algo máis de 65.000 euros por quilómetro en obras, seguridade e conservación da AP-9.
O investimento e melloras en seguridade é recurrente na AP-9, e un dos motivos do seu elevado nível de seguridade e baixa accidentabilidade. Entre 2016-18, Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) investiu 287 millóns de euros en obras de aumento da capacidade da AP-9.