España, único país europeo que reduce a súa rede de peaxes
España é o único país de Europa que reduciu a súa rede de autoestradas de peaxe no último ano, xunto con Croacia (-0,6%), pasando de 4.404 km de rede de pago en 2017 a 3.174,1 km en 2018, o que supón un descenso do 6,8%. Esta cifra contrasta co resto da comunidade, onde a rede de pago medra ou mantense, como é o caso de Alemaña, (+232,2%), Portugal (+21%) ou Turquía (+9,2%), segundo os datos da Asociación Europea de Autopistas de Peaxe (Asecap) e Seopan.
O descenso débese á supresión da peaxe da AP-1 Burgos-Armiñón no mes de novembro, con 84,3 km de vía, e dos 3 km do Túnel de Sóller, en Baleares. Tamén deixaron de considerarse de pago algúns tramos libres, pero que estaban financiados polos que si tiñan peaxe, como as radiales 2, 3, 4 e 5 ou a AP-41 e a AP-36.
A redución prodúcese no medio do debate sobre a sostibilidade das redes de alta capacidade e a necesidade de que sexan de pago.