La Nacional inaugura en Manhattan a exposición fotográfica sobre a ponte de Rande

 

05.09.2019. Autoestradas do Atlántico SA (Audasa) inaugurou onte no centro cultural La Nacional de Manhattan (Nova York) a exposición fotográfica Rande: ponte sobre o refuxio do capitán Nemo. 25 miradas contemporáneas sobre o símbolo dun lugar mítico. A mostra inclúe as mellores imaxes participantes no Premio de Fotografía Autoestrada do Atlántico que poderán verse en Nova York ata o 14 de setembro. A exposición coincide coa celebración na cidade neoyorquina do Congreso Anual da Asociación Internacional de Pontes e Enxeñaría Estrutural (IABSE), que onte premiou a ampliación da ponte de Rande como a segunda mellor ponte do mundo. A mostra chegará nos próximos meses a varias cidades galegas.

Rande: ponte sobre o refuxio do capitán Nemo reivindica Rande coma un lugar clave para a literatura, a música ou a arte e, agora, tamén para a enxeñaría. A ampliación da ponte é considerada coma un hito da enxeñaría ao tratarse da primeira vez que se amplía unha ponte atirantada de gran luz, mantendo un tráfico diario de 60.000 vehículos durante os 16 meses de obras.

As fotografías, de profesionais e afecionados, foron selecionadas polo xurado a partir das presentadas ao concurso. A exposición está encabezada por Niebla 2 de Ricardo Grobas Antúnez e Cruzando la ría, de Álvaro Rodríguez Pérez Purre: imaxes gañadoras nas categorías profesional e aficionado, respetivamente, do premio fotográfico convocado o pasado mes de xullo por Autoestradas do Atlántico para divulgar a imaxe máis moderna de Galicia. A mostra realízase en colaboración con La Nacional – Spanish Benevolent Society of NYC, a entidade cultural máis antiga e unha das de maior prestixio da cidade neoiorquina e considerada o corazón español en Manhattan.

Ademais das dúas fotografías gañadoras, a mostra inclúe imaxes de Alberto Vázquez Fernández, Marta G. Brea, Yovanna Otero Martínez, Óscar Pinal Rodríguez, Xoan A. Soler, Eliana García Fianjo, Juan Rodríguez Goberna, Luis Dobarro Lores, José Manuel Folgueira Vázquez, José Luis Oya Gayo, Brais Lourenzo Couto, Roberto Alonso Lago, Cristina Mouriño Regueira, Carlos Figueirido Filgueira, Samuel González Soliño, Amador Lorenzo Blach, María Teresa Sotelino Barreiro e Andrés López Díaz.