O acceso de Vigo á AP-9 por Lepanto permanecerá pechado ata outubro
12.01.2021. O programa de obras e o seu plan de tráfico dirixidos polo Concello de Vigo obrigan a Autopistas del Atlántico a pechar provisionalmente o acceso desde a cidade viguesa á Autoestrada do Atlántico a través da rúa Lepanto, un paso elevado que permanecerá inutilizado desde hoxe ata o mes de outubro, segundo o executivo local, coincidindo coa duración dos traballos para a súa reconversión en túnel.
Como consecuencia das obras da estación intermodal de Vigo, Autopistas del Atlántico reduce desde hoxe o acceso á autoestrada desde a cidade viguesa. Os usuarios poderán dirixirse á autoestrada a través do túnel da rúa Areal, Isaac Peral, Praza de San Lourenzo e Buenos Aires.
Para garantir a normal continuación dos traballos da campaña de inverno na autoestrada, Audasa vén de habilitar o paso para a maquinaria quitaneves no acceso xa existente para a obra en curso da estación de Urzaiz.