O tráfico da AP-9 cae un 36% ata xuño

05.10.2020

O tráfico na Autoestrada do Atlántico reduciuse nun 35,99% no primeiro semestre ante a crise do coronavirus ata os 14.798 vehículos de media diaria en comparación cos 23.118 que transitaban de Intensidade Media Diaria (IMD) entre xaneiro e xuño de 2019. A Autoestrada do Atlántico pasou de ser a sexta do Estado en circulación media diaria de vehículos en 2019, á quinta no primeiro semestre de 2020, continuando por riba da media española.

A forte contración do tráfico reduciu a facturación do semestre nun 34,6% ata os 46,7 millóns de euros. Autoestrada do Atlántico S.A, con sede en Galicia, presenta hoxe as súas contas correspondentes ao primeiro semestre do exercicio 2020 á CNMV, nas que rexistra por primeira vez na súa historia recente, e dende que se completou o total do seu trazado, perdas por valor de 0,7 millóns de euros.
O tráfico diario da autoestrada alcanzou o seu mínimo semestral no mes de abril, durante o confinamento, con 5.440 vehículos. A desescalada permitiu triplicar a circulación diaria ata os 17.971 vehículos, aínda que todavía un 28,8% por debaixo das cifras de xuño de 2019.

A pesar da baixada da movilidade, a actividade da concesionaria foi considerada como un servizo esencial e permaneceu inalterada e sen aplicar expediente de regulación temporal de empregro (Erte) ata a actualidade. Durante a crise, a compañía puxo en marcha un paquete de medidas para afrontar o impacto do coronavirus, que inclúe a preservación da liquidez, así como un compromiso polo emprego e o fomento do teletraballo.

175.000 dispositivos de telepeaxe

Dende o inicio da pandemia, a concesionaria prioriza as vías de pago automáticas para impulsar a seguridade. No primeiro semestre del ano e en comparación co mesmo periodo de 2019, o cobro automático aumentou 5,7 puntos e emprégase xa no 92,4% das viaxes. No mes de xuño, 174.548 vehículos empregaron dispositivos de telepeaxe.

Autoestradas do Atlántico conta con 219,6 kilómetros que vertebran a circulación de Galicia entre Ferrol e a fronteira con Portugal. A autoestrada conta con 36,7 quilómetros de tramos gratuitos e emprega a 213 profesionais da plantilla media no primeiro semestre de 2020.