O tráfico na AP-9 aínda está en maio un 59% por debaixo de hai un ano
03.06.2020.
03.06.2020. O tráfico na totalidade dos tramos da Autoestrada do Atlántico (AP-9) rexistrou una media de 10.054 vehículos diarios en maio de 2020, un 58,59% menos que no mesmo mes de 2019. A autoestrada recuperou 4.614 vehículos de intensidade media diaria (IMD) en maio en comparación con abril de 2020, un 84,82% máis, malia que aínda non acada os 12.727 vehículos diarios do mes de marzo, cando o día 14 se decretou o estado de alarma pola crise do coronavirus.
A IMD contabiliza todos os desprazamentos, con peaxe, peaxe en sombra e tamén os gratuítos para os clientes (o 51% dos tránsitos na Autoestrada do Atlántico son de balde para os usuarios). Os tramos gratuítos da Autoestrada do Atlántico son 37 kilómetros situados nas circunvalacións de Vigo, Pontevedra, Santiago e Ferrol. Trátase de tramos de balde nos que calquera vehículo pode entrar e saís da AP-9 sen abonar peaxe e que resultan ser os de maior intensidade de tráfico do vial.
Reapertura segura dos restaurantes da autoestrada
Os restaurantes das áreas de servizo da Autoestrada do Atlántico iniciaron o luns o seu proceso de reapertura. A primera apertura é a do establecemento da área de Ameixeira (Ordes, A Coruña), cun protocolo de seguridade e hixiene que prioriza ao máximo a protección dos traballadores e os clientes e minimiza o impacto económico do peche motivado pola crise sanitaria.
Entre as medidas contempladas no protocolo inclúese a distancia de seguridade recomendada de 2 metros, facilitar información e lavado de mans a traballadores e clientes, a posta a disposición dos profesionais de máscaras, guantes e pantallas faciais ou a protección individualizada de todos os produtos á venda.
No conxunto da autoestrada, Autopistas del Atlántico (Audasa) mantén o seu protocolo de seguridade e hixiene para garantir a protección de profesionais e usuarios, tanto en pista como nas áreas de peaxe, descanso e servizo. A vía automática, coa tarxeta bancaria e contactless e o sistema de telepeaxe, continúa a ser o método preferente de pago nas peaxes da AP-9, con persoal de reforzo nos casos nos que sexa necesario.