Unha AP-9 máis verde

[:]

[:]

19.11.2021. Autopistas del Atlántico renovou ata 2028 os seus certificados internacionais en xestión ambiental (ISO 14001), calidade e saúde no traballo (ISO 45001) e xestión da calidade (ISO 9001). A Organización Internacional de Normalización ou ISO (International Organization for Standarization das súas siglas en inglés), a través de Aenor (Asociación Española de Normalización e Certificación), é a entidade encargada de certificar os estándares de calidade nas empresas. O obxectivo das normas ISO é establecer niveis recoñecidos de calidade, eficiencia e cumprimento de seguridade por parte das compañías.

A ISO 45001 avala os protocolos da concesionaria galega na súa xestión de riscos laborais, na prevención de lesións dos seus profesionais e na configuración de lugares de traballo seguros e saudables. A ISO 14001 certifica que Autopistas del Atlántico é unha empresa responsable coa protección do medio ambiente. A norma ISO 9001 é o modelo máis utilizado nas relacións entre o cliente e o provedor, xa que que lles permita demostrar a súa capacidade para satisfacer as necesidades dos seus usuarios.

[:]